O Tribunal Galego de Defensa da Competencia está formado por tres membros, o presidente e dous vogais, como indica no seu artigo 4.1 a Lei 6/2004, de 12 de xullo, reguladora dos órganos da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. O Tribunal é un órgano colexiado rexido polo Pleno, constituído polos tres membros citados, aos que asiste un secretario.
O presidente e os vogais teñen consideración de altos cargos da Xunta de Galicia, segundo o disposto no artigo 4.2 da devandita Lei 6/2004, de 12 de xullo, e son nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por un período de cinco anos, renovable unha soa vez. O presidente e os vogais exercen as súas funcións con dedicación absoluta.
Pleno do TGDC
O presidente ostenta a dirección e a representación do Tribunal; tamén representa á Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Defensa da Competencia, creado pola Lei 1/2002, de 21 de febreiro, de coordinación de competencias de Estado e as comunidades autónomas en materia de defensa da competencia. Nas funcións administrativas do TGDC, o presidente é asistido polo secretario xeral do organismo, que ten rango de subdirector xeral da Xunta de Galicia, segundo o disposto no Decreto 20/2005, de 3 de febreiro, de desenvolvemento da Lei 6/2004.
Actúa como secretario do Pleno, con voz pero sen voto, un funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Economía e Facenda, con formación especializada en dereito. Na actualidade, o secretario xeral exerce tamén as funcións de secretario do Pleno.
Presidente:
Vogais:
![]()