A Lei 15/2007, do 3 de xullo, de Defensa da Competencia (LDC), distingue tres tipos de conductas ou prácticas prohibidas:
O punto 1.a) do artigo 3 da Lei 6/2004 remite ao artigo 1 da Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC) que prohibe todo acordo, decisión ou recomendación colectiva, ou práctica concertada ou conscientemente paralela que teña por obxecto, produza ou poida producir o efecto de impedir, restrinxir ou falsear a competencia.
Esta definición xeral das prácticas ou acordos colusorios na LDC vai acompañada da enumeración, a modo de exemplo, de algúns casos que se consideraran colusorios. Estas prácticas son:
O artigo 2 da LDC prohibe a explotación abusiva por unha ou varias empresas da súa posición de dominio en todo ou en parte do mercado español; así como da situación de dependencia económica na que poidan encontrarse as súas empresas clientes ou fornecedores que non dispoñan de alternativa equivalente para o exercicio da súa actividade.
O TGDC entenderá de condutas de explotación abusiva de acordo ao disposto no punto 1.b) do artigo 3 da Lei 6/2004.
O artigo 3 da LDC prohibe os actos de competencia desleal que falseen a competencia. É interesante destacar a este respecto que, conforme a LDC, os actos de competencia desleal so poderán ser sancionados por órganos administrativos cando concorran dúas circunstancias neles: i) que o acto desleal distorsione gravemente as condicións de competencia no mercado, e ii) esa grave distorsión afecte ao interese público.
O TGDC entenderá dos actos de competencia desleal que falseen a competencia de acordo ao disposto no punto 1.c) do artigo 3 da Lei 6/2004.
Para que o TGDC poida exercer de modo correcto as súas funcións de carácter resolutorio e sancionador requírese o pleno desenvolvemento do Servizo Galego de Defensa da Competencia (SGDC) ao fin de que este poida cumprir de modo eficaz o seu labor de detección das condutas contrarias á competencia e de instrución dos expedientes.
Finalmente, a potestade resolutoria do TGDC vai acompañada da capacidade de establecer multas, de acordo ao disposto na Lei 16/1989 na súa sección 2ª. Tales multas poden ser de dous tipos: sancionadoras e coercitivas. Ademais, cando o infractor sexa unha persoa xurídica, o Tribunal poderá impoñer unha multa aos representantes legais ou ás persoas físicas que sendo membros dos órganos directivos interveñan no acordo ou decisión.
![]()