Funcións consultivas e de arbitraxe

Imprimir

O artigo 3 da Lei 6/2004, no seu punto 3, establece como funcións consultivas e de arbitraxe do TGDC as seguintes:

  • Emitir informe preceptivo sobre os proxectos de lei que modifiquen ou derroguen a Lei 6/2004 e os proxectos de normas regulamentarias que o desenvolvan.
  • Emitir informe con carácter non vinculante sobre a apertura de grandes establecementos comerciais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Elaborar o informe preceptivo que solicite o Servizo de Defensa da Competencia ou o Tribunal de Defensa da Competencia da Administración Xeral do Estado en relación con aquelas condutas que afectando a un ámbito supraautonómico ou ao conxunto do mercado español, incidan de xeito significativo no territorio de Galicia.
  • Elaborar os informes previstos no artigo 13 da LDC sobre eventuais indemnizacións de danos e perdas que poidan derivarse de condutas previstas nos artigos 1, 2 e 3 da LDC, dentro do seu ámbito territorial e a petición do órgano xudicial competente.
  • Realizar as funcións de arbitraxe que lle encomenden as leis.
  • Elaborar unha memoria anual.
  • Elaborar un informe anual sobre a situación de competencia en Galicia.

Aparte dos informes anteriores, o TGDC ten certas competencias adicionais en dous asuntos que son altamente relevantes, as operacións de concentración de empresas e as axudas estatais.

Tribunal Galego de Defensa da Competencia ©