As funcións do Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC) aparecen descritas no artigo 3 da Lei 6/2004, e no artigo 1 do Decreto 20/2005, de 3 de febreiro, de desenvolvemento da Lei 6/2004. De acordo ao disposto en ámbalas duas normas, as funcións do TGDC poden dividirse en tres grandes grupos:
1.- Función resolutoria e sancionadora.
O TGDC ten como función primordial resolver os procedementos sancionadores que afectan ás conductas contrarias á competencia que se contemplan na Lei 16/1989, de 17 de xullo, de defensa da competencia (LDC) nos seus artigos 1, 6 y 7. neste senso distínguense tres tipos de conductas ou prácticas prohibidas.
2.- Funcións consultivas e de arbitraxe.
A Lei 6/2004, de 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, asigna ao TGDC diversas funcións consultivas e de arbitraxe.
3.- Funcións de promoción e difusión na sociedade dos méritos da competencia.
En virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 20/2005, do 3 de febreiro, de desenvolvemento da Lei 6/2004, o TGDC poderá promover a realización dos estudios en materia de competencia que estime convenientes, así como desenvolver as actividades necesarias para difundir na sociedade os beneficios que comporta a libre competencia.
![]()