O Consello Galego da Competencia (CGC) é un organismo administrativo autónomo, adscrito organicamente á Consellaría de Facenda, que ten como finalidade
a defensa e a promoción da competencia en Galicia.
Na consecución destes fins, o Consello desempeña a función de instruír e sancionar as conductas empresariais prohibidas polos artigos 1, 2 e 3 da Lei
15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia (LDC) e que teñan efectos unicamente na Comunidade Autónoma de Galicia.
En particular, correspóndelle ao Consello a instrucción e a resolución dos procedementos que se tramiten sobre condutas relativas a:
- Acordos, decisións ou recomendacións colectivas, ou prácticas concertadas ou conscientemente paralelas, prohibidas no artigo 1º da LDC.
- Conductas de explotación abusiva por unha ou varias empresas da súa posición de dominio no mercado, prohibidas polo artigo 2º da LDC.
- Actos de competencia desleal que por falsearen a libre competencia afecten o interese público, prohibidos polo artigo 3º da LDC.
Asemade, o Consello Galego da Competencia exerce as seguintes funcións:
- Colaboración e coordinación coa Comisión Nacional da Competencia da Administración Xeral do Estado (CNC) e cos Xulgados do Mercantil, nos procedementos de aplicación da lexislación de competencia.
- Elaboración de informes en materia de control de axudas públicas.
- Funcións de arbitraxe que lle soliciten os operadores.
- Funcións consultivas sobre cuestións relacionadas coa defensa da competencia, a instancia das Administracións Públicas ou das asociación de empresarios ou de consumidores.
- Función de promoción da competencia efectiva nos mercados da Comunidade Autónoma de Galicia mediante la elaboración de informes xerais sobre a
competencia ou sobre determinados sectores económicos e o seguimentos dos efectos sobre os mercados das actuacións públicas, emitindo -no seu caso- propostas normativas para a remoción dos obstáculos para a competencia derivados da actuación pública.
- Función de asesoramento e representación.