O Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC) e o Servizo Galego de Defensa da Competencia (SGDC) aplicarán as normas de procedemento establecidas na lexislación estatal en materia de competencia, é dicir, fundamentalmente, a Lei 16/1989, de defensa da competencia, e, con carácter supletorio, as correspondentes á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O art. 16.1 da Lei 6/2004, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que os actos do SGDC que produzan indefensión poderán ser obxecto de recursos de alzada ante o TGDC, mentres que o art. 16.2 alude a que as resolucións definitivas do TGDC esgotan a vía administrativa, e contra elas poderanse interpoñer os recursos establecidos na normativa sobre o procedemento administrativo común.
As resolucións sancionadoras do TGDC publicaranse no DOG; tamén se poderán publicar as resolucións non sancionadoras (art. 17 da Lei 6/2004).
A Lei 6/2004 advirte que as administracións públicas están obrigadas a subministrar aos órganos de defensa da competencia toda a información que requiran para o exercicio das súas funcións.
![]()