Procedementos ante o SGDC

Imprimir
  1. Procedementos sancionadores.

    O procedemento en materia de acordos e prácticas prohibidas simplificouse en boa medida coa Lei 15/2007, ao concentrar a función resolutoria no Consello da Comisión Nacional de la Competencia (o TGDC no noso caso), remitindo na súa totalidade a instrución, mesmo a práctica da proba cando coñece xa o órgano resolutorio, na Dirección de Investigación (o SGDC, en noso caso). Así recólleo con claridade o propio Preámbulo da nova Lei ao sinalar que “[...], se simplifican notablemente os procedementos e se separa con claridade, a instrución e a pura resolución, co que se elimina a posible duplicación de actuacións e os recursos administrativos contra actos que poñan fin ao procedemento”.

    O procedemento iníciase polo SGDC de oficio ou a instancia de parte interesada, se ben, recoñécese ao Consello da CNC (o TGDC, no noso caso) no artigo 34.3 LDC, a capacidade de Interesar a instrución de expedientes pola Dirección de Investigación” (o SGDC, no noso caso).

    A denuncia das condutas prohibidas é pública. Calquera persoa pode formulala ante o SGDC, que iniciará o expediente cando observe indicios racionais da existencia de tales condutas.

    A denuncia debe presentarse na forma establecida regulamentariamente (Formulario de denuncia, Real Decreto 261/2008 polo que se aproba o Regulamento de Defensa da Competencia: anexo Denuncia)

    Cando o SGDC considere que non hai indicios de infracción, proporá ao TGDC a non incoación do expediente sancionador, con arquivo das actuacións, sobre o que debe resolver o TGDC.

    Pola contra, se o SGDC decide iniciar o expediente, unha vez instruído, remitirao ao TGDC, acompañándoo dun informe que exprese as condutas observadas, os seus antecedentes, os seus autores, os efectos producidos no mercado, a cualificación que lle merecen os feitos e as responsabilidades que corresponden os seus autores.

O procedemento para autorizar os acordos, decisións, recomendacións e prácticas a que se refire o artigo 3.1.a. da lei 6/2004, queda hoxe sen contido, ao suprimir a Lei 15/2007 o sistema de autorizacións singulares (non o de exencións por categoría, que se reserva a CNC), debendo ser as empresas as que avalíen se o seu propio comportamento resulta ou non contrario á competencia.

Tribunal Galego de Defensa da Competencia ©