O Tribunal Galego de Defensa da Competencia (TGDC) é un organismo autónomo de carácter administrativo, dotado de personalidade xurídica e presuposto propio, con capacidade de obrar e plena independencia no exercicio das súas funcións.
O TGDC foi creado pola Le1 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. Posteriormente, o Decreto 20/2005, do 3 de febreiro, de desenvolvemento da Lei 6/2004, estableceu normas complementarias que regulan o funcionamento da institución (véxase Normativa).
O TGDC incardinase no sistema de defensa da competencia que actualmente existe na Unión Europea. Trátase dun sistema de carácter descentralizado que ten tres niveis:
O artigo 2 da Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que o fin primordial do Tribunal Galego de Defensa da Competencia é preservar o funcionamento competitivo dos mercados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, garantindo neles a existencia dunha competencia efectiva.
Para o cumprimento dese fin xeral, o TGDC desenvolve funcións de carácter resolutorio e sancionador, consultivas e de arbitraxe, e tamén de promoción e difusión na sociedade dos méritos da competencia (véxanse Funcións do TGDC). Estas funcións víronse incrementadas coa nova LDC, que recoñece explicitamente o importante papel que deben desempeñar os órganos de defensa da competencia das Comunidades Autónomas no obxectivo común de dotar aos mercados de maiores doses de competencia.
O TGDC, que comezou a súa andadura o 1 de xaneiro de 2005, confórmase como un órgano colexiado formado por tres membros, o Presidente e dous Vogais, que teñen consideración de altos cargos da Xunta e son nomeados por un período de cinco anos (véxase Estructura do TGDC).
![]()